Ai dona fea, fostes‐vos queixar (c. de escarnio e maldicir)

mércores 29 agosto 2018

Cantiga de maldicir

Ai dona fea, fostes‐vos queixar

que vos nunca louv'en[o] meu cantar;

mais ora quero fazer um cantar

em que vos loarei todavia;

5 e vedes como vos quero loar:

dona fea, velha e sandia!

Dona fea, se Deus mi perdom,

pois havedes [a]tam gram coraçom

que vos eu loe, em esta razom

10 vos quero já loar todavia;

e vedes qual será a loaçom:

dona fea, velha e sandia!

Dona fea, nunca vos eu loei

em meu trobar, pero muito trobei;

15 mais ora já um bom cantar farei

em que vos loarei todavia;

e direi‐vos como vos loarei:

dona fea, velha e sandia!

(Xoan García de Gulhade)

Comentario de texto

1‐ Normativización.

2‐ Xénero.

3‐ Subxénero.

4‐ Argumento (ou resumo da cantiga).

5‐ Tema (ou idea principal).

6‐ Rima dos versos, e esquema de rima.

7‐ Tipos de estrofas ou cobras.

8‐ Artificios formais.

1- Normativización:

Ai dona fea, fóstevos queixar

que nunca vos enaltezo no meu cantar;

mais agora quero facer un cantar

en que vos loarei agora;

e vede como vos quero loar:

dona fea, vella e estúpida.

Dona fea, se Deus me perdoa,

pois tedes tan gran corazón

que eu vos loe, deste xeito

en que vos loarei agora;

e vede como será a louvanza:

dona fea, vella e estúpida.

Dona fea, eu nunca vos loei

no meu trovar, aínda que moito trobei

pero agora farei xa un bo cantar,

en que vos loarei agora;

e direivos como vos loarei:

dona fea, vella e estúpida.

2- Xénero: A cantiga “Ai dona fea” é de maldicir xa que se trata dunha sátira directa contra

unha dona.

3- Subxénero. Trátase dunha cantiga de sátira literaria xa que satiriza as cantigas de amor. Tamén é unha sátira social xa que se critica ás señoras de alta posición social que piden aos trobadores que lles fagan cantigas.

4- Argumento (ou resumo da cantiga). Unha muller maior pídelle ao trobador que lle faga un cantar, e este faille unha "cantiga de amor" pero criticándoa e mesmo insultándoa.

5- Tema (ou idea principal). Sátira contra as cantigas de amor. Tamén hai una sátira contra unha muller vella.

6- Rima. Rima consonante co seguinte esquema:

a c d

a c d

a c d

b b b

a c d

B B B

7- Tipos de estrofas ou cobras. Son cobras singulares xa que cada estrofa ten unha rima diferente, pero a mesma estrutura.

8- Artificios formais. Hai dobres e mordobres, que debes indicar na cantiga.
 




Comentarios

Greetings!
Much creative and extremely curricular website. I am looking for that kind of educational web page on the Internet. And your website is an awesome platform, where individuals can increase much knowledge and their learning! Keep doing awesome work. Thanks!

enviado por Essay Writing Service UK o 29 agosto 2018 ás 11:44 PM CEST
Sitio web:: http://https://mentorshouse.co.uk/essay-writing-services.php #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado