Levantou-s'a velida, levantou-s'alva,

mércores 29 agosto 2018

1- Xénero e clasificación. Trátase dunha cantiga de amigo xa que aínda que non aparece a palabra "amigo, a protagonista é unha muller. Dentro do subxénero podería clasificarsen como alba ou alborada, que son propiamente provenzais e que tiñan como asunto a obrigada despedida dos amantes ao amencer. Na nosas cantigas non aparece este tema polo que con este nome aludimos a certas cantigas, como esta, nas que se fai algunha referencia ao albor.
2- Forma interna. Segundo a forma interna, trátase dunha cantiga narrativa xa que se narra en 3ª persoa as accións que realiza a moza: lavar as camisas.
3- Argumento. Unha fermosa moza érguese cedo e vai lavar as camisas pero o vento dificulta o seu labor, e isto acaba enfadando á moza.
4- Tema: o encontro co namorado (para entender o tema, antes hai que ver os símbolos)
5- Personaxes: a moza (que vai lavar as camisas), e un elemento da nutureza, o vento (que dificulta o labor da rapaza).
6- Análise dos símbolos: o feito de lavar as camisas simboliza o encontro co namorado. Por outra banda, lavar implica que hai auga (símbolo de fertilidade).
7- Descrición formal: trátase dunha cantiga de 6 estrofas de 5 versos, incluído o refrán que o forman tres versos: o 2º, o 4º e o 5º: "levantou-s'alva, /eno alto,/ vai-las lavar alva") , xa que son os versos que se repiten sen ningunha variación.

8- Rima dos versos: Rima asonante seguindo o esquema aBaCB, dBdCB, aBaCB,
dBdCB, aBaCB, dBdCB. (O refrán sempre se marca con letras maiúsculas)
9- Tipo de estrofas: Cobras alternas, xa que as estrofas pares manteñen unha mesma rima e as impares outro.
10- Artificios formais: na cantiga pódese observar que non hai leixapren, se ben hai constantes paralelismos, sintácticos e semánticos, entre versos de diferentes estrofas, entre outros:
"Levantou-s'a velida,/ Levantou-s'a louçana", e "e vai lavar camisas/ e vai lavar delgadas"






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado